Coma amish no IKEA

Fonte

Debedor de certa época e ambiente formativo xuvenil, un garda canda si imaxe, sentimento, lealdade. En xaneiro do 2019 expresaba a miña sorpresa ante extremos relatados pola Inma López Silva: aínda coñecendo algunha miseria e pintoresquismo, estaba habituado a considerar a literatura galega como ámbito ético por resistente e aparecía agora alusión a momentos de posible acoso sexual e segura discriminación de xénero: machismo, va. Sen dúbida eu andaría desactualizado, ou deficientemente informado desde sempre. Quedei logo coa mosca tras da orella, inconscientemente atento a calquera novidade consistente. Tardou un ano en aparecer, outro xaneiro e un artigo da María Reimóndez que non ligo de momento. Pero a encriptación era completa: onde a Inma enunciaba caso xeral sen dar nome nin feito máis específico, o anonimato que reflicte Reimóndez prolifera en dato alusivo e, desde logo, connotado. O asunto parecía grave, merecente de maior coñecemento: cando alguén publica algo nun diario, semella lóxico inferir apelación ao público.

Pescudei e é para dor de cabeza. Primeiro, o intricado e selvático das redes sociais. Despois, o salto constante do tema ao argumento. Acabando pola irrupción de quen se entende aludido e compelido a contraaludir. Supoño que, ao final, a cabeza é máis lugar de remuíño ca de padecemento. E reorganizo o material por etapas supostas onde o texto se volve, por veces, tapiz ou reposteiro -case heráldico, si- ao que lle falta parede por todo o que ocupa. Desculpe quen poida entenderse agraviado, unicamente faltaba acabar un na lea.

Digamos que a pota empezaría a aquecer con dúas críticas literarias de Xosé M. Eyré que deran lugar a reacción de María Reimóndez: unha entrada no blog do primeiro –outubro pasado- dá razón e acceso a elas. Alude ao caso en novembro César Lorenzo Gil, acabando o parágrafo inicial. Cinco días máis tarde, a escritora publica no seu facebook unha resposta a Eyré onde, basicamente, o inclúe nun escaso colectivo de críticos misóxinos constituídos en pedra de Sísifo fronte ao feminismo -os termos son literais- incluíndo algunha referencia narratolóxica. Nese mesmo día e dous máis tarde, a tamén escritora Uxía Casal Silva publica cadanseu comentario de pertinencia crítica, onde mantén posición preto da de Reimóndez pero -no fío de comentarios- establece diálogo nada desconsiderado con Eyré do que se anuncia continuación, pero deixeino aí. Engadamos unicamente que a mediados de decembro sae un artigo de Marta Dacosta que parece claramente inserido no ambiente e, no día de Nadal, o crítico chantadino difunde outro texto afrontando imputacións ideolóxicas.

Pensaban que acabara? Lasciate ogni speranza. Empezando decembro, César Lorenzo publica crítica dura e argumentada sobre a novela que foi maior éxito editorial no último trimestre do 2019, xa con catro edicións galegas e dúas casteláns na fin do ano. Proliferaron comentarios positivos para esta, pero o día no que empezaba o San Froilán xa fora cuestionada por Eva Moreda desde criterios, coma Lorenzo, literarios. Seica debeu haber reacción fulminante, pois a ela alude Jaureguizar, unha semana despois, imputando algúns con facer ‘crítica da crítica’ e, polo tanto, non levar quizais moi ben a existencia da primeira.

E velaí que antonte publican o texto que me puxen a desencriptar, navegando nos afluentes, a buscar pretexto e mais antroponimia: canto a esta, do que vai dito ben poderán deducir quen serían os comentaristas disque hostís á escrita feminina, incluído o xornalista, e polo menos unha das presuntas ‘señoras adeptas’. Seica polo medio debeu haber zarracina no twitter, e a miña fonte informativa particular -sempre vén ben unha deep throat– indica nomes para engadir ao catálogo de presuntos aludidos nesta última de Reimóndez: Rexina Vega e Pablo Fernández Barba. Seica tamén debeu haber vítimas colaterais, pois onte mesmo o Pedro Feijoo arrea coas dúas mans para ambos lados.

Traballo de investigación concluído. Vostedes verán se había para tanto alboroto imputatorio, e ata que punto a terra de ninguén entre crítica literaria e causa ideolóxica -que sempre a debe haber, por estreita que sexa- se estará a contemplar cunha mínima prudencia, para todos os asuntos, no interior do noso sistema literario. Un, que é usuario dentro del, ocasionalmente produtor desde hai case medio século, encóntrase abondo fóra de lugar con todo este mal gasto de pólvora digno da casa rica que -contemporaneamente- nunca fomos. Algún espectador define o caso como cousa triste. Moita risa non dá.

21 opiniones sobre “Coma amish no IKEA”

  1. Ah, non! A cousa comeza moito antes. En concreto cando Perroloco (alias Pablito Fernández Barba), agora erixido como grande defensor da crítica, agarra unha rabecha brutal contra (RISAS AQUÍ POR DIOS!) unha crítica negativa da súa “novela” . Resultado diso, o ínclito leva tres anos tres de acosos e insultos en RRSS. O máis gracioso foi que algúns malhumorados literarios decidiron empregalo como o parvo útil das súas teimas. Agora, cando algún destes virtuosos (ou virtuosas) quere lanzar un ataque sobre ese malvado sistema que os marxina, dillo a Pablito para que arme la zapatiesta.
    En resumo: matonismo de primeiro da ESO.

    Gústame

    1. Pablito o único que fixo foi denunciar como lle retiraran a ‘novela’ da circulación logo de que unha chalada mexase fóra do penico nun xornal. Di ti que todo o mundo pensou que xa se cansaría, que con non lle facer caso abondaría. Pero aquí estamos, tres anos despois, coa maquinaria toda do sistemiña™ procurando tapar a escacheira e con Pablito sentado a ver pasar cadáveres. E tan ricamente, oiga.

      Gústame

  2. Aquí hai dous críticos que levan moitos anos comentando libros e o que acontece e que o primeiro, Eyré, e o segundo, César Lorenzo, por facer críticas de libros de Reimóndez e Ledicia Costas, dun xeito argumentado, (da crítica de César mesmo hematocrítico dixo que non había nada malo) recibiron reproches de moitos escritores e insultos de ser violentos machistas. Estes dous críticos non teñen nada que ver nin con ningún perroloco nin ningunha movida de acoso nas rrss. Se nun sistema literario non se pode facer crítica literaria apaga y vamonos, e o máis bochornoso e que se lles está intentando calar co argumento de que son machistas e se lles está a poñer na diana de moita xente que pensando que a palabra feminista de Reimondez sempre é sinónimo de imparcialidade e ecuanímidade, tiran pedras contra eles e outros que os defenden. Cando neste caso hai probas suficientes para pensar que Reimondez o que actúa é por vendetas persoais e por amiguismo, criticando e tachando de machistas a outros polo que ela fai desde a plataforma de crítica a Sega (críticas moi duras a obras escritas por mulleres)

    Gústame

  3. Xa pecudaches ben! Atopaches cousas que nin eu mesmo dera atopado. Porén quero aclararche unha cousa. O texto “pequenas imprecisións” non ten que ver con Marta Dacosta senón cun artgo publicado por Reimóndez en Academia…

    Gústame

  4. O problema eiquí é tan fácil como entender que houbo dous críticos que levan moitos anos lendo e dando a súa opinión sobre o que se publica que son Eyré en Ferradura e César de Biosbardia, e que fixeron dúas críticas argumentadas de obras de Reimóndez o primeiro e de Ledicia o segundo. A de Eyré mesmo non era mala. A de César era dura pero razoada (Por certo Biosbardia é mellor web literaria 2019 segundo o premio Fervenzas). Mesmo hematocrítico dixo que a de César non lle parecía mal de todo. E estos señores non teñen nada que ver nin con acosos por redes sociais nin con historias dun tal perroloco. O que si pasou foi que por facer crítica literaria recibiron insultos de machistas violentos e matóns por parte de moitos escritores. Se nun sistema literario non se pode facer crítica literaria apaga y vámonos. O pero é que se emprega o feminismo para atacalos cando aquí o feminismo (especialmente o de Reimóndez) non serve senón para facer vendeta persoal e é bandeira de amiguismo. Non de outro xeito se entende que o que non se permite a estos críticos (facer crítica de obras de mulleres co risco de ser chamados machistas violentos) si que se permiten as propias feministas na plataforma crítica A Sega crucificando obras de mulleres que non consideran do seu círculo íntimo.

    Gústame

  5. Descacharrante nomás!
    1. Pablito, podes agardar os cadáveres sentado. O único que provocas é risa xeral (e moita, asegúrocho)
    2. César Lorenzo non ten nada que ver con Perroloco. PERO SE PERROLOCO ESCRIBE “CRÍTICA” EN BIOSBARDIA, AMIGUES!!!
    3. Non podemos ir de defensores da crítica e adoptar como mascota un ACOSADOR… DE CRÍTICOS. I’m just saying.
    4. Cantos dos que aquí comentaron son Pablito disfrazado? Veña, levantade a man, amigues!

    Gústame

    1. 1. Pablito está encantado de provocar risas. Sobre todo dende que veñen impresas en papel. Polo demais, xa dixo que si, que agardaba sentado polos cadáveres, e confía en que o lixiviado de Urco non fose o derradeiro. Présa non ten.
      2. Tres colaboracións en dous anos en Biosbardia (unha con moito éxito de visitas e outra con moito proído entre os perpetradores da LIX ao peso, iso é verdá) delatan a moi estreita relación de Pablito co editor da páxina, si. Hai que recoñecer aí o espelido que é vostede. Parabéns.
      3. Debería vostede aprender a diferenciar entre crítica literaria e crítica comercial. A pouco que aprendese a controlar os seus esfínteres, isto non debería causarlle maior dificultá.
      4. Pablito aquí asinou co seu nome. Vostede non, mais aínda está a tempo.

      Saúdos.

      Gústame

      1. Sí, hombre! Cuando la comenzaste a acosar con tu cuenta B (o C, o D, o F, o G…) Hipogrifo Violento y te soltó un zasca que se oyó en el barrio de la Concepción. O piensas que la gente es tonta, Perroloco?

        Gústame

  6. Xente: le, pasea, fode, publica, queda coas amigas, ri, chora, escribe, canta…
    Pablito: insulta, acosa, crea contas falsas, insulta outro pouco, pis e para cama.
    Pero Pablito vai gañando. Polo de agora xa conseguiu ser a mascota dun grupo de resentides, bufón do sistemiña™ e autopublicar en Amazon.
    #GoPablitoGo

    Gústame

    1. O de identificar todos os inimigos como un só foi idea de Goebbles. Haberá quen se sorprenda por estes os teus modelos morais, pero eu xa estou afeito, e non.
      E si, Pablito vai gañando, que aínda non o botaron a patadas do seu posto de traballo por incompete. Outres non poden dicir tanto.

      Gústame

  7. Veña D. C…. deixa de escribir como coronavirus… xa tiveches ocasión de dicir o que quixeras e non o fixeches e agora andas a marear… vaia pofesional afouto

    Gústame

  8. Mimá coa manía esa que vos entrou de tomar a parte polo todo! Que eu non penso que a xente sexa parva! Agora, que o de Sandiás e mais o do virus lle andan a deber ao CI, tan claro como que o rotacional do campo electrostático é nulo.

    Por certo, a topísimo con Berta. Aínda na vin comerciar co seu xénero (na súa acepción de identidá sexual, listos) para poder vender unidades didácticas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: